Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica o mal funcionamento do transporte metropolitano

RR_Noticias

Aseguran que as tarxetas que o usuario debe empregar para poder beneficiarse das rebaixas no prezo do billete de autobús dan en numerosas ocasión problemas de lectura, o que obriga ao seu titular a abonar o billete ordinario e provoca atrasos no transporte “xa que os condutores tardan moito en saír da parada esperando que o lector acepte a tarxeta de pago”. Entenden que estes problemas responden ás présas da Xunta por poñer en marcha este plan de transporte metropolitano antes das eleccións municipais.

Explican dende a Agrupación de Electores que os usuarios do transporte metropolitano
teñen problemas á hora de usar as tarxetas que lles permiten beneficiarse das rebaixas no billete de autobús. Tarxetas que non funcionan ou que hai que pasalas 7 ou 8 veces para rexistrar a viaxe. Se a tarxeta non funciona o usuario vese obrigado a pagar o billete ordinario. Tamén denuncian retrasos nas chegadas aos seus destinos (traballo, citas médicas) por mor de que “os condutores tardan moito en saír da parada, tentando que se produza a desexada lectura da tarxeta”. Ademais de todo iso, engaden dende AER, nas tarxetas que non funcionan os usuarios teñen cartos retidos dos que non poden dispoñer.
Explican ademais que nin en Abanca (entidade expendedora das tarxetas) nin tampouco no servizo de atención do usuario o portal de Transporte metropolitano se lles está a dar solución algunha a aqueles usuarios que sofren problemas nos seus dispositivos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará