Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia de Cesantes acolle a I Festa da Xuventude

RR_Noticias

A programación da festa organizada dende a Comisión do Carme, inclúe unha concentración de coches de tuning, racing e clásicos, un concerto floclórico, un baile popular amenizado polo trío Sensación e unha sardiñada. A festa prolongarase ata altas horas da madrugada coa música de cinco “disc jockeys”.

A praia de Cesantes acolle este sábado unha macrofesta organizada pola Comisión das festas do Carme en colaboración co Circulo Cultural deportivo da parroquia. Unha festa que inicial xurdiu para conmemorar doutro xeito o San Xoán adiantando a súa celebración ao sábado para facer posible a asistencia dun maior número de persoas que adoitan perderse esta cita festiva cando ten lugar pola semana. Con todo, a idea inicial deu paso a unha celebración moito máis extensa na que os haberá actividades para os amantes do motor e festa rachada ata altas horas da madrugada. Os actos desenvolveranse no recinto situado xunto ao areal da Punta, con entrada gratuíta a todos os eventos, e tamén se instalará un bar con prezos populares. Do programa falábanos o vicepresidente da comisión, José Ramón Bouzón quen salientaba o concerto folclóricos coas actuacións do grupo de gaitas Asubíos de Cedeira, e os grupos de pandereteiras e gaitas Terra Meiga de Ou Viso e a posterior sardiñada ás 20:00 con racións a prezos populares. A primeira das actividades previstas para a tarde de mañá será xa as cinco coa concentración dos coches de tuning, racing e clásicos ao aparcadoiro da praia, onde permanecerán en exposición para que poidan ser contemplados polo público. Malia ser a primeira edición, os organizadores confían en superar os 50 vehículos. Diego Alonso é o encargado de organizar esta “quedada”. O prato forte chegará a partir da medianoite co inicio do festival “A Punta Beach Party”, que se prolongará até o cinco da madrugada. Esta macrofiesta contará coa actuación estelar de Dj Cosmik (Barcelona), ademais de Dj Rodri Veigas (Redondela), Dj Dani Vila coa percusionista Crisnare (Vigo), Dj Dumore (Vigo) e Djs Traffic House. Estarán acompañados por Pablo Méndez e a súa compañía de performances.  

José Ramón Bouzón comisión festas
Fálanos do programa diurno
A Punta Beach Party
5 Djs
Diego Alonso
Concentración de coches de tuning racing e clásicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará