O ciclo organizado pola Concellaría de Cultura e mais a Central Folque remata este sábado 20 de xuño, co concerto de Eliseo Parra ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira cun dos grandes nome do novo folk castelán. As entradas, que xa se poden retiran no propio Multiusos, teñen un prezo de 4 euros.
O concerto de peche da Rede de Músicas Soltas que se desenvolveu no noso concello dende xaneiro, cunha cita mensual coas mellores músicas populares contemporáneas galegas e peninsulares, chega ao seu remate cun concerto excepcional dun dos grandes nomes do novo folk castelán, Eliseo Parra, que conxuga a veteranía coas creacións innovadoras. Percorreu medio mundo actuando coa súa magnífica e fiel banda, e colaborou con gran parte dos grupos de recreación tradicional da Península. Realizou traballos de campo por boa parte de España xunto a José Manuel Frade e colaborou nos libros e discos de recompilación deste, como transcritor musical. Entre as súas composicións cómpre salientar tamén o seu Suite Romance, que estreou o Ballet Nacional e a Orquestra Sinfónica de Madrid, e o seu traballo como músico e actor para a Compañía Nacional de Teatro Clásico na obra de Lope de Vega: Peribáñez y el Comendador de Ocaña. O concerto celebrarase o sábado 20 de xuño, ás 21.00 h, no auditorio da Xunqueira. O prezo das entradas é 4 €, e poderanse adquirir dende o xoves.