Juan Bouzón, de 46 anos, membro directivo da SAR e ex adestrador do Cesantes CF, perdía onte a vida logo de sufrir unha descarga eléctrica cando estaba a manipular unha maquinaria na serraría Amoedo. O falecido será incinerado hoxe ás 20:30 horas no tanatorio de Tanamañó e os funerais celebraranse mañá ás 19:00 na igrexa parroquial de San Martiño de Ventosela, lugar no que residía.
Un fatal accidente laboral conmocionaba onte Redondela logo de saberse que unha descarga eléctrica acababa coa vida de Juan Bouzón Pérez, de 46 anos de idade e residente en Ventosela. Un home moi coñecido principalmente pola súa vinculación deportiva a diferentes clubs, xa que foi xogador e adestrado do Cesantes CF e actualmente formaba parte do equipo directivo da SAR.
O accidente, segundo a información do 112 Galicia, teríase producido ás 11:00 horas na empresa Amoedo. Dúas ambulancias desprazáronse ao lugar, pero o equipo sanitario nada puido facer para salvar a vida do traballador.
Os funerais celebraranse mañá sábado ás sete da tarde na Igrexa de Ventosela. Esta mesma tarde ás 20:30 procederase á incineración no tanatorio de Tanamañó.