Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A VIII carreira popular de Redondela quere igualar os 800 atletas de edicións anteriores

RR_Noticias

A oitava edición que se disputa o vindeiro domingo día 28 en Redondela contará coa presenza de atletas destacados como Alvaro Prieto, Alejandro Gómez ou Estela Estévez entre outros. Malia que se prevén elevadas temperaturas “o que podería desanimar a algún corredores a participar” dende a organización confían en igualar os participantes de anos anteriores nos que se chegaron a superar os 800 atletas.

A proba, organizada por el Club de Atletismo Redondela (CAR) en colaboración co Concello percorrerá o casco urbano con saída e meta na Casa do Concello e cunha distancia total de 6,5 kilómetros. Ademais están previstos outros circuítos máis curtos para os nenos en función das idades. O prazo de inscrición péchase o xoves e pódese formalizar de xeito presencial no comercio Susuela (rúas Adro, 32) ou na páxina web www.championchipnorte.com. Dende a organización o seu presidente, Francisco Otero insiste no carácter solidario da proba, xa que a inscrición ten un custe de 3 euros, dos que 1 euros será doado á Asociación de Atención a persoas con enfermidade mentais Lenda. Unha proba que quere promover a práctica do atletismo, un deporte minoritario pero que conta cada vez con máis seguidores en Redondela. De feito, o Club organizador da cita comezou a funcionar hai tan só catro anos con 6 membros e a día de hoxe conta con máis de cen inscritos. Otero insiste ademais en que neste período se apuntaron a práctica do atletismo 45 rapaces o que apunta a que cada vez será mais a afección a este deporte.  

Francisco Otero C.A.R.
Confían en igualar a participación de edicións anteriores
Atletas solidarios
Doarase un euros por participante a Lenda e comida a Cáritas
Incrementar a afición
Cada vez máis redondelás anímanse a practicar o atletismo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará