Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes fai canteira

RR_Noticias

Animar a nenos e nenas a practicar o remo e dar un servizo a pais e nais en período estival son os dous obxectivos que se marca o Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes, entidade que a partir do vindeiro mércores día 1 de xullo e durante dous meses organiza un campus de verán completamente de balde orientado a nenos e nenas a partir de 8 anos de idade

A actividade vaise desenvolver en xullo e agosto en horario de 10:00 a 13:30 “aínda que se algún pai por cuestión laborais precisa que nos ocupemos do rapaz nun horario máis amplo non teremos problemas en amplialo” explica Jorge Rodríguez, Presidente do Círculo de Cesantes. Unha entidade que decide organizar este campus de xeito completamente de balde porque o que queren é “fomentar o deporte en xeral e o remo en particular, sabemos que nos tempos que corren non podemos pretender que uns pais paguen cen euros por un campamento”. O obxectivo último é “facer canteira”, achegar este deporte aos máis novos e favorecer que o Club de remo de Cesantes teña cada vez máis presenza na parroquia e no concello. De feito, esta actividade está aberta a socios e non socios. O presidente salienta tamén a necesidade de atraer a un maior número de rapazas “gustaríanos volver poñer en marcha o equipo feminino, logo de anos sen contar cun número suficiente de remeiras para facelo”. Sobre a situación deportiva do Club confían en remontar esta tempada que na categoría de traiñas arranca mañá “logo de tres anos competindo en inferioridade de condicións por non contar con material propio confíamos en que esta tempada as cousas vaian mellor tras adquirir unha embarcación” explica Rodríguez.  

Jorge Rodríguez presidende CCD Cesantes
Un campus que persegue facer canteira
Remo e outras actividades
Os rapaces achegaranse ao remo dun xeito divertido
Tempada de remo
A adquisición de material propio permitirá aos remeiros competir en igualdade de condicións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará