Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O debate sobre as retribucións do alcalde e do resto da corporación centra o pleno de Redondela

RR_Noticias

A proposta dos populares pasa por aprobar o salario que o rexedor local mantivo durante o último mandato e que ascendeu a 55.000 euros brutos anuais, o máximo permitido para concellos de menos de 50.000 habitantes. No pleno que se celebra hoxe ás 20:30 horas no Multiusos de Xunqueira formalizarase tamén a renuncia de Ana Alonso como concelleira así como a de Cándido Vilaboa- número dez na lista do PP- a ser nomeado edil.

O salario do alcalde e do resto dos membros da corporación así como a asignación que percibirán os grupos políticos é, sen ningunha dúbida, o punto da orde do día que máis interese esperta, principalmente porque se descoñece se a proposta do PP sairá adiante. Unha proposta na que o goberno propón manter o salario que o rexedor local percibía nos últimos anos e que ascende a 55.000 euros anuais. A voceira do populares Mª Carmen Amoedo entende que “non existe motivo para diminuir a retribución que o alcalde percibiu nos últimos anos tendo en conta que a día de hoxe o Concello atópase economicamente máis saneado que cando nós chegamos ao goberno”. Explica Amoedo que foron precisamente as xestións realizadas por Javier Bas as que permitiron reducir a débeda das arcas municipais e que Redondela recibise o maior número de subvencións procedentes doutras administracións “para garantir que poida seguir traballando coa mesma intensidade hai que garantir tamén que perciba un salario acorde coas súas responsabilidades”. Entende ademais que “se hai catro anos PSOE e BNG votaron a favor deste salario non hai motivo para que agora non o fagan”. A única formación que xa presentou unha proposta alternativa foi Redondela Pode formación que defende un salario de 27.241 euros anuais para o alcalde, cantidade determinada tras multiplicar o salario mínimo interprofesional por tres e por catorce pagas. O resto dos grupos farán o oficial a súa proposta no pleno de hoxe, pero todo apunta a que os populares terán que rebaixar as súas pretensións xa que nin PSOE nin AER parecen dispostos a apoiar a fórmula dos populares. Outro dos puntos que xerará debate é o dos postos de persoal eventual, coa asignación de postos de confianza nomeados polo PP. A sesión pecharase coas renuncias de Ana Alonso ao seu posto de concelleira e de Cándido Vilaboa a ser nomeado edil. Unha renuncias imprescindible para favorecer a chegada ao goberno de Xavier Alonso, número once na lista do PP e que está chamado a ser o responsable de Cultura. O seu nomeamento non se producirá ata un pleno posterior, logo de ser informada a Xunta Electoral.  

Mª Carmen Amoedo voceira PP
Manter as retribucións do alcalde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará