Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Arde Rande estrea ubicación con cinco grupos

RR_Noticias

A IX edición do festival que organiza a Asociación Cultural deportiva de Rande presenta como cabeza de cartel á veterana música de rock Zenzar que estará acompañada por Vandallica, Ocekaos, Proyecto Icaro e Vandallica. Unha cita musical de balde este vneres ás 21:00 horas nas inmediacións do Meirande. O sábado a Asociación organiza unha nova xornada de música e festa con música tradicional a partir das seis.

A ampliación da Ponte de Rande obrigou aos organizadores do festival a buscar un novo emprazamento ao quedar inhabilitado o espazo no que adoitaban celebrar esta cita musical. Dende a organización entenden que despois do traballo realizado para adecentar o espazo, a nova ubicación, na praia de Rande nas inmediacións do Meirande, será un atractivo máis para o público que queira gozar dunha noite de musica e festa nun lugar emblemático. Nesta IX edición serán cinco os grupos que se subirán aos escenario, Proyecto Icaro gañadores do concurso de maquetas deste ano e de marcado carácter pop, Ocekaos, grupo de rap procedente de Moaña, a banda tributo a Metallica, Vandallica e o grupo integrado por veciños de Redondela e Vigo que leva por nome Chickenpie. Nesta edición o cabeza de cartel será Zenzar, banda de Cerceda pioneira no rock en galego con máis de 25 anos na escena. Actividades de balde organizadas pola Asociación Cultural deportiva de Rande que se completarán o sábado coa V edición do festival folclórico/serán que arrancará no mesmo escenario ás seis da tarde do día 4. Gaiteiros, baile, petiscos e festa amenizada polo grupo de pandereteiras Ledicia de Trasmañó.  

Roberto Cabaleiro ADC Rande
Fálanos dos grupos que actuarán no Arde Rande
Nova ubicación
Nas inmediacións do Meirande
Serán
A Festa continuará o sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará