Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello achegará 12.000 euros a Cáritas para a xestión do servizo do comedor de verán

RR_Noticias

A oposición critica pero consinte que o servizo de comedor, destinado a cubrir as necesidades daquelas familias usuarios dos comedores escolares durante os meses de verán, sexa xestionado por Cáritas. Tan só o BNG votou en contra alegando que en todo o ano o concello nada fixo para xestionar de xeito municipal a prestación deste servizo . O resto dos grupos malia criticar “a improvisación e falta de xestión por parte do PP” votaron a favor alegando que se trata dunha emerxencia social e que é preciso garantir que os nenos reciban esas comidas.

O convenio asinado con Cáritas para a prestación dun servizo destinado a garantir a comida a aqueles nenos usuarios dos comedores escolares e que reciben axudas por parte de Servizos Sociais ven de ser ampliado. A entidade recibirá 12.000 euros, cinco mil euros máis que o ano pasado, ante a elevada demanda deste servizo. Unha xestión que foi defendida polo PP pero que se atopou coas críticas dos grupos da oposición que en todo momento amosaron a súa disconformidade a que sexa Cáritas quen o xestione. Dende AER José Bernardo Crespo criticaba ao PP por presentar “unha proposta froito da improvisación”. Malia todo engadiu que o seu voto ía ser a favor “porque é unha necesidade urxente garantir a comida destes nenos”. Tamén dende o PSOE votaron a favor non sen antes criticar que o concello non se faga cargo do servizo, cando tiveron tempo máis que suficiente para buscar fórmulas alternativas. “Este convenio con Cáritas volve ser froito da improvisación e un remendo cando as clases hai días que remataron” explicaba Digna Rivas quen reclamou tamén que en vindeiros exercicios fora o propio concello quen asumise esta xestión. Malia as críticas todos os partidos- agás o BNG- decidiron secundar a proposta do PP que pasa por incrementar en cinco mil euros a achega a Cáritas para garantir así que este entidade poida afrontar o custe de dar este servizo ás familias usuarios de servizos sociais. O concelleiro do Bloque votou en contra por entender que xa o ano pasado consentiran en delegar o servizo co compromiso de buscar unha alternativa. Explicaba Xoán Carlos González que “o concello pode perfectametne asumir esta xestión e debe ser quen de dar resposta a estas necesidades”. A popular Carmen Amoedo negou as críticas “nin improvisación nin oscurantismo, con Cáritas hai conversas dende semanas para garantir que os usuarios dos servizos sociais que recibiron as axudas de comedor escolar poidan seguir recibindo esta prestación no verán”.  

Raquel Quintáns Redondela Pode
Defende outra xestión do servizo
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalsitas foron os únicos que votaron en contra da proposta
José Bernardo Crespo AER
Unha propostas según AER froito da improvisación
Digna Rivas PSOE
os socialistas criticaron que se chegue tarde e con remendos
Carmen Amoedo PP
A responsable de servizos sociais asegura que é o mellor xeito de xestionar o servizo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará