A compañía Asacocirco, integrada por Joao Alvim e Miriam Crespo, dous malabaristas con máis de 13 anos de adestramento ofrecen este venres ás 22:00 horas na praza da Casa da Torre un espectáculo para todos los públicos. Números de circo ensamblados ao modo do cabaret no que se empregan varias técnicas circenses como clown, danza, acrobacia, teatro e diferentes tipos de malabarismos e lume.
Poucas palabras, humor e moita interacción co público é o que nos ofrece este espectáculo que baixo o nome de Lume propón efectos, humor e técnicas variadas para entreter ao espectador de todas as idades. Unha actividade incluída no programa Cultura no Camiño a través da Agadic e que inclúe na súa programación a Concellería de Cultura.