Unha carpa acollerá aos comensais nunha xornada na que se repartirán centos de racións de carne do Suído e 250 kilos de chourizo. Uns produtos elaborados de xeito artesanal con carne de animais criados en liberdade, produtos que se poderán degustar no lugar acompañados de patacas e sobremesas a prezos populares ou levalos pra casa “cociñados ou sen conciñar”.
Unha celebración gastronómica que reúne a centos de veciños e visitantes e que celebra este domingo a súa XIII edición cunha perspectivas inmellorable, xa que estiman que a carpa instalada para a ocasión encherase de comensais. Prezos asequibles e produtos de calidade son os dous atractivos principais da celebración que contará tamén con actuacións musicais a cargo da charanga “Vai de baile”, a música das pandereiteiras e unha exhibición de bailes sevillanos. Haberá tamén concertos a cargo da coral e banda de gaitas de Fornelos.