O vindeiro sábado celébrase o Día da patria galega e co obxectivo de que os veciños se sumen a esta celebración pendurando dende os seus balcóns ou ventás a bandeira de Galicia, o BNG de Redondela repartirá bandeiras a todos aqueles que se acheguen a recollelas ao carón do Concello o xoves a partir das 20:00 horas. Lembran tamén que os interesados en acudir a manifestación que se celebrará o día 25 en Santiago teñen a posibilidade de desprazarse en autobús que sairá de Vigo e pasará por Chapela e Redondela. Os interesados en reservar praza deben chamar ao teléfono 986447300.
O BNG de Redondela invita a toda a veciñanza a que pendure nos seus balcóns ou ventás a bandeira da Patria. Para tal fin, o xoves 23 repartirán de balde bandeiras a carón do edificio do Concello, a partir das 20:00 h., a todas as persoas que se acheguen a recollelas co fin de que “toda a veciñanza que comparta con nós o desexo de que Galiza manteña unha identidade propia a que se acheguen a recoller unha bandeira para visibilizar así a vontade de transformar o país”.
Por outra banda animan tamén aos veciños a participar o 25 de xullo na xa tradicional manifestación polas rúas compostelás. Rematada a mobilización celébrase unha romaría popular acompañada de diversos actos festivos tamén en Compostela. Para asistir a estas actividades, o BNG pon a disposición de todas as persoas interesadas un autobús, que sairá de Vigo e pasará por Chapela e Redondela (para información de horarios, prezos e para reservas de praza, chamar ao 986447300).