O Club de Remo de Cesantes organiza este domingo a XXIX Bandeira Concello de Redondela na que participarán as sete embarcacións correspondentes aos clubs da Liga galega (LGT-B) incluídos o club organizador e a embarcación de Chapela. A proba disputarase en augas da enseada ás 12:00 horas.
As doce do mediodía disputarase a primeira quenda e ás 12:30 a segunda con saída dende a zona do peirao. Participarán as embarcacións de Mecos, Castropol, Rianxo, Vila de Cangas y Mera, ademais de las dúas traiñeiras de Chapela e Cesantes.
Na presentación da proba participou o presidente do CCD Cesantes, Jorge Rodríguez ademais do alcalde Javier Bas e o Concelleiro de Deportes, Julio Mougán quen animou aos veciños a achegarse a esta cita deportiva o domingo na que os remeiros locais tentarán facer fronte as dúas embarcacións chamadas a liderar a liga, Mecos e Castropol.