A sala de lectura no Multiusos do Piñeiral acolle este martes 28 ás doce do mediodía unha actividades orientada ao público infantil que serve tame´n para conmemorar os 150 anos do aniversario do Libro Alicia en el pais de las maravillas. Unha actividade de balde que está orientada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.
Unha actividade que é unha das últimas organizadas por esta biblioteca antes de que peche as súas portas durante o mes de agosto. Por este motivo, tamén animan aos usuarios a levar en préstamo libros e películas que non terán que devolver ata o vindeiros mes de setembro. Si continuarán abertas as instalacións de Redondela no Multiusos da Xunqueira e animan aos veciños a participar do concurso “Unha viaxe, unha biblioteca” que quere ser unha homenaxe moi especial a todas as bibliotecas do país. Os que queiran participar deberán presentar antes do 15 de setembro unha fotografía realizada diante ou no interior da biblioteca do lugar que visiten nas súas vacacións. O concurso comezou o 1 de xuño e finalizará o día 15 de setembro deste ano. As bases do concurso, así como a resolución do xurado, composto por membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela e que se emitirá o día 30 de setembro, poden consultarse nas redes sociais das Bibliotecas de Redondela.