Domingo de ceos grises e chuvia para celebrar a XXIX bandeira Concello de Redondela proganizada polo club de Cesantes e na que participaron as sete embarcacións da Liga Galega (LGT-B). Os equipos de mecos e os asturianos de Castropol dominaron nunha proba emocionante na que os dous equipo lideres loitaron por facerse coa proba sen dar oportunidade ao resto dos participantes. Chapela foi terceira e os organizadores de Cesantes quedaron en quinto lugar.
Unha proba cunha recta final emocionante na que os remeiros de Mecos foron quen de sobrepasar ao Castropol, que entrou segundo. Chapela e Rianxo entraron en terceiro e cuarto lugar respectivamente seguidos de Cesantes, Vila de Cangas e Mera. Os de O Grove mantéñense invictos na División B do remo galego nunha clasificación xeral na que Castropol é segundo seguido de Chapela e Cesantes.