Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo Choco inicia a pretemporada en Santa Mariña cun partido ante o Pontevedra

RR_Noticias

O club que preside Iván Crespo xa comezou o traballo logo da espléndida temporada realizada a temporada pasada en Terceira División. Con todo, insisten en que o obxectivo prioritario é a permanencia. Para acadala o equipo tivo que volver a reinvertase, ante as numerosas baixas de xogadores e a saída do técnico. Con Marcos Montes como adestrador, no club confían en repetir a fazaña.

O presidente insiste en que deben seguir “cos pés na terra” para asentar ao club na Terceira División. E é que a parte negativa dos bos resultados do C.D. Choco, como xa lle pasase a anterior tempada, son as baixas importantes nas súas filas: Hugo Sanmartín, Rober, Aarón, Brian, Aitor Gómez e mesmo o adestrador, Jacobo Montes, que deu por finalizada a súa etapa de catro anos como adestrador no equipo redondelán e fichou polo Alondras. As baixas súplense coa chegada de seis incorporacións: Adrián (Valladares), Puyi (Bertamiráns), Suso (Valladares), Alberto (Sarriá), Curri e Óscar (Valladares), así como o novo adestrador Marcos Montes, irmán de Jacobo. O técnico, malia que procede do Valladares, xa era coordinador das categorías inferiores do Choco, polo que é un gran coñecedor do club, e tamén do primeiro equipo. De feito, para Crespo, Marcos Montes era “a mellor opción” para dar continuidade á progresión ascendente do Choco. O equipo técnico complétase con David Míguez “Guetti” e Gonzalo Fernández “Gonza” como axudantes. Alexis Padrón será o preparador físico e José Alonso “Pepo” e Antonio Teles serán os adestradores de porteiros. Tamén continúa da temporada pasada boa parte do bloque que participou dos éxitos do C.D. Choco a pasada campaña: o porteiro Cortegoso, defensas Yago, Lucas, Cristian, Saúl e Carminati. Mediocentros Molinos, Xosé, Fernando, Óscar Comis e Piñeiro, e os dianteiros Félix e Silva. C.D. Choco-Pontevedra Haberá ocasión de velos en acción mañá mércores, no primeiro partido da pretemporada en Santa Mariña. Será diante dun gran rival, o Pontevedra, recentemente ascendido a Segunda B. O presidente anima a todos os afeccionados a presenciar o partido deste novo Choco, con entrada de balde. O encontro disputarase ás 21.00 horas. Xa na fin de semana disputarán outro amigable en Ribadumia, será o domingo ás 19.30 horas. En Redondela recibirán o 5 de agosto ao Alondras de Jacobo Montes, e despois ao Porriño e ao Atios. A pretemporada do Choco completarase co Trofeo Mondariz, que arranca o 11 de agosto. A campaña de Terceira División comezará o 23 de agosto. O primeiro partido dos redondeláns será en Negreira.      

Iván Crespo presidente do Choco
O obxectivo do club é consolidar ao equipo na Terceira División.
Marcos Montes a mellor opción
Para o club era a mellora alternativa ante a marcha de Jacobo e apostan por unha liña continuista.
C.D. Choco – Pontevedra
O novo Choco estrea a pretemporada en Santa Mariña cun amigable fronte ao Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará