Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para achegarse á arqueoloxía a través do xogo

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente organiza a celebración de dous obradoiros de arqueoloxía na praia de Cesantes orientado a nenos de idades entre 7 e 14 anos. O 31 de xullo e 7 de agosto son as datas escollidas e cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas. A actividade, na que é preciso inscribirse previamente no teléfono 986 126 165, consistirá na realización de diferentes probas de busca de obxectos agochados no areal de Cesantes todos eles vencellados directamente co noso pasado, e máis concretamente coa batalla de Rande.

A empresa encargada de organizar a actividade é Estela Arqueoloxía e Patrimonio, proporcionará todo o material que se empregará na escavación e amosaralles aos rapaces dunha maneira lúdica, o proceso científico de escavación arqueolóxica. Con estas tarefas procurarase que os participantes coñezan e valoren a súa historia, entendéndoa coma un patrimonio a protexer, gozar e do que aprender. Así, os rapaces realizarán esta escavación arqueolóxica tendo en conta todo o proceso científico dunha intervención destas características, fomentando o traballo en equipo, mellorando a súa relación co medio e coa historia, así como potenciando as súas capacidades cognitivas.  Os obradoiros realizaranse a partir das 11:00 horas da mañá e será necesaria a inscrición previa no teléfono 986 126 165, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Todas as persoas interesadas tamén poderán remitir as súas dúbidas e suxestións ao enderezo electrónico: contacto@estela.info.  

MIguel Alvarez Ballesteros edil de medio ambiente
Fálanos dos obradoiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará