Os feitos producíanse ás 12:30 horas da mañá de hoxe cando a pa dunha escavadora que está a traballar nas obras de humanización da zona de os Eidos provocaba a rotura da canalización do gas. O incidente producido na intersección coa rúa Telmo Bernárdez obrigou a pechar este vial durante máis de media hora ata que se constatou que non había risco para veciños nin condutores.
O primeiro en chegar ao lugar dos feitos, na intersección das Rúas Os Eidos e Telmo Bernárdez foi a persoa que estaba a atender a quenda de día do Servizo de extinción de incendios de Redondela (SEIS). Chegaron a continuación efectivos da Policía Local e Bombeiros de O POrriño, que procederon a acordoar o lugar no que se danou a canalización e a cortar a estrada para impedir o paso de vehículos. Pasadas a unha da tarde quedou restablecida a normlaizade.