Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Descontos e promocións no comercio local na II Shopping night

RR_Noticias

Os locais comerciais do Centro Comercial aberto de Redondela celebran mañá venres, coincidindo coa programación do Festival de Artistas de Rúa, unha tarde noite na que os clientes poderán beneficiarse de descontos e promocións especiais. O medio cento de comercios adheridos a esta campaña permanecerán abertos fora do seu horario habitual, ata a unha da madrugada.
 

Unha iniciativa que xurdía hai un ano co obxectivo de crear sinerxias e aproveitar a programación cultural do concello para dinamizar outros sectores e que, a tenor do maior número de establecementos adheridos – pásase de trinta a cincuenta- parece contar co apoio de comerciantes e clientes. Así, coincidindo coa celebración do XVI Festival Internacional de Artistas de Rúa, estes comercios ofrecerán descontos que poderán ser nalgúns casos de ata o 70%, pero non só haberá rebaixas especiais xa que durante este horario de apertura extraordinario, dende as 20:00 horas ata a una da madrugada, os comercios amosarán unha decoración especial, contarán con ambientación musical, degustacións e outras moitas sorpresas que se espallarán dende Vilavella ata Santa Mariña.
En total 49 locais, principalmente moda, calzado e complementos, así como tendas especializadas en produtos de agasallo, xoierías, librerías ou tendas de alimentación. Un evento que organiza a Asociación de Empresarios facilitando aos negocios participantes unha decoración e un ambiente diferente, pero no que cada participante propón tamén a súa actividade concreta e diferenciada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará