Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A corporación únese pola gratuidade da peaxe en Rande

RR_Noticias

O pleno aprobou onte unha vez máis unha moción para lle solicitar a Fomento a gratuidade da peaxe no tramo da AP-9 que comunica Rande con Vigo. Un tramo que segundo explicaron dende o BNG, grupo que presentou a moción, debería funcionar como circunvalación libre de peaxe e deixar de ser unha mostra máis da discriminación que sufre o noso concello “cuxo veciños teñen que abonar unha das peaxes máis altas de toda Galicia malia os prexuizos que padecen polo feito de que esta autoestrada atravese o noso territorio, prexuizos incrementados agora coas obras de ampliación”.

O recente inicio das obras de ampliación da Ponte de Rande e da autoestrada nas parroquias de Trasmañó e Chapela, evidencian, unha vez máis, a necesidade de acadar o obxectivo da gratuidade, así o explicaba o edil nacionalista quen insistía en que se trata dunha demanda histórica que pon en evidencia a discriminación do noso concello cuxos veciños dende hai máis de 20 anos teñen que facer fronte a un tramo de autoestrada cun dos custes máis elevados de toda a comunidade. Salientaba tamén que será necesaria a mobilización social pero que o primeiro paso é reiterar esta demanda ante Fomento a través dos acordos plenarios. Unha reclamación que contou co apoio de PSOE e PP quen cualificaron a peaxe de abusiva e ilóxica en palabras da popular Carmen Amoedo. O socialista Mauro Alvarez explicaba que contar con este tramo gratuíto sería tan só “una pequena compensación polos prexuizos que padece os veciños que viven nas inmediacións da AP-9”. A Agrupación de Electores decidiu absterse neste asunto por entender que non basta con solicitar que o tramo sexa gratuíto. Solicitaban que se incluíse na moción un engadido no que se aceptaría “unha peaxe subvencionada tal e como se fai no tramo do Morrazo”. Unha proposta que non foi aceptada por entender o BNG “que ese sería un segundo paso, e que o máis urxente agora é demandar que o tramo sexa gratuíto para os usuarios”.  

Xoan Carlos González BNG
Reclama a gratuidade da peaxe
Raquel Quintáns edil non adscrita
Amosou o seu apoio a proposta
Ricardo Figueroa AER
Optaron pola abstencións ao non incluirse unha modificación que chamaba a que non se aceptase a peaxe subvencionada
Mauro Alvarez PSOE
os socialistas falaban de pequena compensación polos prexuizos sufridos
Carmen Amoedo PP
Os populares tamén secuendaron a moción nacionalista

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará