Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela advirte aos propietarios de fincas da obriga de mantelas limpas para previr incendios

RR_Noticias

A concellería de Medio Ambiente está a realizar días unha campaña de información e prevención de incendios ante a situación de seca que eleva o risco de lumes nestas datas. Aqueles propietarios que non cumpran coa normativa expóñense a multas de entre 300 e 6.000 euros.

Os bandos foron repartidos por todas as parroquias, dando a coñecer a coñecer a obriga dos propietarios de manter as súas propiedades “limpas e en debidas condicións para que non supoñan un perigo” para os veciños. Dende a concellería faise tamén “un seguimento activo” das propiedades, e no caso de non cumprir coa normativa os propietarios poden enfrontarse a unha sanción que oscila desde os 300 aos 6.000 euros. Multas que poden ser reiteradas ata que se cumpra co establecido. Lembran desde o Concello que as fincas deben estar “libres de masa vexetal que poida incendiarse ou transmitir o lume” e proceder é tala des árbores consideradas de risco, eucaliptos e piñeiros, situadas na proximidade das vivendas nunha franxa de seguridade suficiente para evitar que a súa caída ou incendio afecte ás propiedades anexas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará