Unha subvención do Instituto Enerxético de Galicia permitirá renovar a caldeira do pavillón municipal para dotalo dun sistema de biomasa que suporá un importante aforro enerxético, segundo a concellería de Medio Ambiente.
A subvención do INEGA ascende a 13.500 euros, dentro da liña de axudas para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia con equipamentos térmicos de biomasa. Dende a Concellería de Medio Ambiente solicitouse unha nova subvención dentro de proceso de renovación e mellora en eficiencia enerxética das instalacións municipais, polo que en breve se contratará a nova caldeira para a produción de auga quente sanitaria nas instalacións de Chapela. A instalación será financiada conxuntamente polo Concello de Redondela e polo Instituto Galego Enerxético de Galicia dependente da Consellería de Economía. O importe total do equipamento ascende a 33.905 euros, e con el trátase obter un aforro enerxético como xa se levou a cabo noutros edificios municipais como o a Piscina Municipal e o campo de Santa Mariña, ou tamén CEIP de Cedeira.