Os veciños da zona, onde residen unhas trinta persoas, levan reclamando o arranxo do camiño desde o ano 2012. A rúa, no barrio de Cabanas, en Chapela, presenta un gran desnivel, e a falta de mantemento do firme, xunto coa maleza e a falta dunha rede de recollida de augas pluviais fai que o tránsito sexa moi perigoso para os veciños, sobre todo para os de idade avanzada.
Hai xa tres anos que os residentes do Camiño do Outeiro presentaron un escrito no que denunciaban o mal estado do firme que xunto co musgo e a maleza acumulada, fan desta rúa un lugar perigoso polo chan escorregadizo. A día de hoxe aínda non recibiron resposta por parte do goberno local, malia que a zona está catalogada como núcleo urbano. O seu deficiente estado provoca “caídas dos veciños e accidentes de coches”. Os afectados son unhas trinta persoas que residen na ducia de casas existentes na zona. O elevado desnivel que presenta a rúa, xunto coa falta de mantemento por parte dos servizos municipais, a presenza de maleza, e a falta dunha rede de recollida de augas pluviais, fai que sexa máis perigoso “xa que se producen torrentes de auga que impiden percorrer a pé o camiño”. A situación agravouse no último ano, logo do asfaltado de varios camiños que se atopan máis elevados, xa que agora a toda a auga da choiva discorre cara o Camiño do Outeiro. A preocupación dos veciños vai en aumento, xa que o acceso dos servizos de emerxencia e moi difícil. Dáse o caso dunha veciña de avanzada idade, que está en cadeira de rodas, e non pode saír da súa casa pola dificultade polo mal estado do acceso, e nin os taxis nin as ambulancias chegan ata a súa vivenda. Esta situación obrígaa a desprazarse ata o inicio do camiño, co perigo que supón. O acceso da rúa á N-552 presenta tamén un risco para os condutores. O espello que tiñan ao remate do Camiño do Outeiro no acceso á estrada nacional leva roto máis dun ano. Un focho e os colectores de lixo situados preto da saída supoñen un perigo para realizar a manobra de incorporación á Estrada Nacional N-552. Membros do PSOE local visitaron a zona para coñecer a situación da man dos propios veciños. A concelleira socialista Digna Rivas transmitiu a preocupación da veciñanza que “pese a pagar impostos igual que o resto de veciños están sendo tratada polo goberno local como cidadáns de segunda clase”.
O mal estado do Camiño do Outeiro complica o acceso aos vehículos de emerxencias
Os veciños da zona, onde residen unhas trinta persoas, levan reclamando o arranxo do camiño desde o ano 2012. A rúa, no barrio de Cabanas, presenta un gran desnivel, e a falta de mantemento do firme, xunto coa maleza e a falta dunha rede de recollida de augas pluviais fai que o tránsito sexa moi perigoso para os veciños, sobre todo para os de idade avanzada.