Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca IdeaRedondela, un plan de participación veciñal para a elaboración do PXOM redondelán

RR_Noticias

Trátase dun proxecto aberto á participación veciñal que se presentará o vindeiro día 1 de setembro, ás 20:30 horas, no Multiusos da Xunqueira. Será un acto aberto á toda a veciñanza. Os que o desexen poderán consultar as súas dúbidas ou facer suxestións e achegas para o futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Carmen Amoedo, Concelleira de Urbanismo e Benestar, presentará o proxecto xunto co equipo multidisciplinario encargado de elaborar o PXOM e de xestionar a participación no plan. Esta presentación amósase como unha boa oportunidade para informar a toda a veciñanza interesada, creando un espazo no que poderán informarse acerca dos traballos que se van realizar, e mesmo consultar as súas dúbidas ao equipo redactor do Plan. O equipo encargado da elaboración do mesmo é JORNET LLOP PASTOR Arquitectes, integrado por María Ríos Carballeira e Gabriel Jubete i Andreu. Desde o Concello salientan que, xunto co equipo de técnicas en participación, acumulan unha ampla experiencia no ámbito do planeamento urbanístico, “sempre incorporando ao seu traballo unha innovadora metodoloxía de participación”. Por medio desta presentación didáctica, ademais de revisar cal é a situación de partida en materia urbanística do Concello de Redondela, explicarán as distintas ferramentas de participación postas á disposición de veciños e veciñas, deseñadas co obxectivo de “recoller as súas achegas para a mellora e ordenación do territorio”. Deste xeito o Concello busca que a cidadanía sexa “unha parte activa na elaboración de documentos fundamentais para a evolución do seu contorno”. Tanto a través das diferentes ferramentas de participación (roteiros, obradoiros e unha enquisa aberta a toda a poboación), como enviando dúbidas e propostas á dirección de correo electrónico creada para tal efecto, ou nas redes sociais (Facebook e Twitter), o equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir xerando información sobre os avances na redacción do Plan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará