Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xabier Alonso: “Mellorar as infraestruturas culturais de Redondela é unha das miñas prioridades”

RR_Noticias

O novo concelleiro de Cultura de Redondela , Xabier Alonso, asume un novo reto na súa traxectoria profesional. Licenciado en Dereito e consultor especializado en artes e espectáculos, asume agora a responsabilidade da programación cultural de Redondela “do outro lado da mesa”.

Alonso ten claro que Redondela “é un referente cultural” non só na provincia de Pontevedra, senón en toda Galicia, con certames como o Festival Internacional de Títeres, a programación teatral ou o Entroido de Verán, que se celebra este sábado. Para o concelleiro é importante “acompasar o crecemento” de eventos que atraen a Redondela a milleiros de persoas, para que non “morran de éxito”. Outra preocupación do novo edil son os espazos culturais dos que dispón Redondela, como o Multiusos da Xunqueira e o do Piñeiral do Crego, en Chapela. Consciente das eivas que teñen estas infraestruturas, con capacidade de público moi limitada e problemas na conservación, recoñece que poder contar con novas instalacións “será moi difícil” no actual escenario económico, xa que se trata de inversións que supoñen “varios millóns de euros”. Por iso aposta por sacar rendemento das instalacións actuais e melloralas. Alonso advirte deficiencias importantes nos dous inmobles, e as que máis lle preocupan son as que teñen que ver coa seguridade. Advirte que un día de lecer non pode converterse “no peor día dunha persoa”, polo que aposta dotar aos auditorios dun plan de emerxencias que inclúa un acceso e evacuación axeitado, sobre todo para persoas con discapacidade.  

Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Alonso destaca a importancia de Redondela no panorama cultural galego.
Melloras nas infraestruturas
Ante a imposibilidade de crear novas dotacións culturais o edil aposta por mellorar as existentes.
Aposta pola seguridade
Mellorar a seguridade e accesibilidade aos espazos culturais é unha prioridade de Xabier Alonso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará