Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atrasos no reparto de Correos de Redondela

RR_Noticias

As entregas acumúlanse nas dependencias do servizo de Correos de Redondela. A falta de persoal e as precarias condicións laborais dos traballadores provocan que en moitos barrios do municipio o reparto de cartas e paquetes se atrase. Desde Esquerda Unida denuncian que o Grupo Correos está a incumprir a Lei Postal, e tamén o principio de garantía de servizo de “calidade e accesibilidade”.

Segundo Esquerda Unida desde o ano 2011, o Grupo Correos foi amortización postos de traballo, no caso de Redondela hai catro empregados menos, e ademais non se cobren as vacacións, permisos ou baixas dos traballadores. Isto supón unha “sobrecarga de traballo” para o persoal actual, e un “atraso xeneralizado” do correo ordinario e pequena paquetería. A situación incumpre a Lei Postal que obriga a chegar “5 días á semana a todos os fogares”. Segundo EU o que pretende Correos é mellorar o “índice de produtividade”, e xerar “máis marxe de beneficio”. Segundo a formación, Correos incumpre o principio de garantía dun servizo de calidade e accesibilidade universal, polo que recibe axudas do estado que en 2014 ascenderon a 525 millóns de euros. Critican que Correos trate de impoñer aos traballadores as condicións do convenio de entrega domiciliaria (con salarios de 700 euros), facendo o servizo máis precario, e finalmente “privatizalo”, logo duns beneficios de 48,4 millóns de euros en 2013 e 60 millóns en 2014.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará