Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paseo do río Maceiras ampliarase este ano cun novo tramo entre Fortóns e Ameal

RR_Noticias

Un convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia permitirá acometer as obras. Serán máis de 500 metros de paseo fluvial que estarán rematados antes de finais de ano. O novo tramo permite ampliar o paseo xa existente, crear un novo espazo de lecer próximo ao centro redondelán e recuperar unha zona natural que se atopa degradada.

O director xeral de Administración Local, o redondelán Alberto Pazos, asinou no Concello o convenio co alcalde en funcións, Miguel Álvarez Ballesteros, dentro do Fondo de Compensación Ambiental. No caso de Redondela, o Concello recibe 50.000 euros para a creación dun novo tramo na senda peonil entre os lugares de Fortóns e Ameal. Álvarez destaca que se trata de “ir ampliando” o paseo xa existente, para o que contaron coa colaboración dos veciños. A actuación permitirá crear un novo espazo público de lecer para veciños e visitantes no entorno do río Maceiras. O director xeral, Pazos Couñago, explicou que os traballos servirán como ferramenta para mellorar a calidade medioambiental do río e do seu entorno, ofertando un espazo de ocio respectuoso co medio e vinculado á conservación do patrimonio natural. Entre as actuacións que se abordarán está a limpeza da zona, a roza selectiva e a retirada do lixo que se acumulou xunto ás marxes do río. Tamén se colocarán tubos de drenaxe, muros de contención nalgúns puntos e paneis informativos ao longo de todo o traxecto para dar a coñecer a riqueza de flora e fauna da zona. As obras adxudicaranse en breve, e estarán rematadas “antes de finais de ano”. Pazos sinalou tamén que se trata dunha “alternativa” á estrada N-555, para que os veciños da contorna poidan desprazarse pola senda peonil ata o centro da vila de Redondela. Con todo, recoñece que “non é unha solución” aos problemas de seguridade da estrada, que carece de beirarrúas, e que debe solucionar o Ministerio de Fomento.  

MIguel Angel Alvarez alcalde en funcións
O convenio permitirá ampliar o paseo do río Maceiras.
Alberto Pazos director xeral Administracións Locais
Pazos Couñago sinala que coa ampliación do paseo ofrécese aos veciños un novo espazo de lecer.
Alternativa á N-555
O paseo permite unir a zona co casco urbano unha alternativa segura á N-555.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará