Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polas obras da AP-9 paralizan os traballos e esixen unha reunión con Ana Pastor

RR_Noticias

Os veciños de Chapela levan meses convivindo coas obras de ampliación da autoestrada, que paralizaron xa en varias ocasións. Esixen ao Ministerio de Fomento que “cumpra cos seus compromisos” e indemnice aos propietarios das vivendas afectadas. Demandan tamén máis seguridade nos tramos en obras, que afectan a servizos públicos.

Hoxe volveron paralizar as obras no tramo entre o Instituto e a Igrexa parroquial, igual que fixeran onte, para esixir ao Ministerio de Fomento unha solución. Francisco Puch, voceiro da Asociación Afectados pola Ampliación da AP-9, afirma que continuarán coas mobilizacións mentres non teñan unha resposta. Demandan a resolución urxente dos expedientes de expropiación do once casas afectadas que están aínda pendentes de valoración. Pero non só os veciños que van ser expropiados están a sufrir os problemas das obras, tamén o resto dos residentes, con continuos problemas por cortes de viarios, exceso de ruídos e vibracións, ademais de accesos inseguros e deficientes para persoas con mobilidade reducida. O colectivo de afectados presentou xa unha moción Concello na que solicitan o acordo da corporación para que se paralicen os traballos de ampliación, se constitúa a Comisión de Seguimento das obras e se solicite unha reunión coa ministra Ana Pastor, á que consideran “dobremente responsable”, xa que ademais de ser a titular da carteira de Fomento é deputada pola provincia de Pontevedra. Representantes de todos os partidos políticos da corporación estiveron cos afectados, e apoian de xeito unánime as súas reivindicacións.  

Francisco Puch voceiro da Asociación de Afectados
Os propietarios aínda non recibiron notificación do expediente de expropiación.
Bens públicos afectados
Camiños e servizos públicos están a ser afectados.
Moción no pleno
Levarán unha moción ao pleno para esixir a paralización das obras.
Apoio dos partidos políticos
Goberno local e oposición apoian as reivindicacións dos veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará