Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, obradoiros e diversión para todos os públicos no XIV Festival Noite da Lúa Meiga

RR_Noticias

Un ano máis o Colectivo Lúa Meiga, xunto a Sociedade Cultural do Viso e a Asociación Maimiña, organizan o festival Noite da Lúa Meiga, que chega este sábado á súa 14ª edición co tradicional desfile de “Meighachimpíns”, obradoiros e espectáculos para o público infantil e as actuacións de Quempallou, Ultreia, Abóbriga e Ce Orquestra Pantasma, entre outros.

O Miradoiro do Monte Outeiro Grande volverá ser este sábado, día 29, o escenario da Noite da Lúa Meiga. Un enclave único na bisbarra desde onde se pode contemplar toda a Enseada de San Simón e a Ría de Vigo, cunha vista panorámica espectacular de toda a comarca. As actividades comezarán ás 11:30 coa concentración dos “Meighachimpíns” no Torreiro da Gándara para seguir o percorrido ata o miradoiro. A continuación haberá xantar popular, amenizado coa música do grupo portugués Os Carriços. A partir das 16:00h comezarán as actividades infantís con xogos tradicionais, obradoiros e manualidades, e os contos e cantos de “A banda dos Cueiros”, para dar paso logo á a actuación “do grande home orquestra”, Ce Orquestra Pantasma. De seguido, e sen tempo para o aburrimento, comezarán os concertos sobre as 20.00h. No escenario estarán Os Carriços, os coruñeses Maghúa Cantareiros, Ultreia, Abóbriga e Quempallou. Unha festa deseñada polos organizadores “para goce de todos os públicos”, segundo explica Josiño da Teixeira, cun amplo abano de actividades e espectáculos “para todas as idades” e cun denominador común: unha oferta cultural “cen por cen galega”, con artistas adicados á difusión e promoción da cultura musical tradicional do país. A Noite da Lúa Meiga conta nesta edición coa colaboración directa de moitos veciños do Viso, locais e negocios da comarca, a Comunidade de Montes do Viso, o Concello de Redondela, Protección Civil e a Deputación de Pontevedra.    

Josiño da Teixeira organizador
O festival ofrece actividades e espectáculos para todos os públicos.
Oferta cultural galega
Cada vez máis persoas de toda Galicia participan na Noite da Lúa Meiga que ofrece unha programación cultural cen por cen galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará