Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Igape destaca en Redondela a aposta pola mellora da competitividade de Alfico

RR_Noticias

A empresa redondelá, fundada en 1975, distribúe en exclusiva as marcas do grupo New Balance en España, Portugal e Andorra. Alfico acolleuse ao programa ReAcciona da Consellería de Economía e Industria para optimizar a definición de tarefas e identificar áreas de mellora de procesos.

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou onteen Redondela o compromiso da compañía de distribución de material deportivo Alfico S.A.U. coa mellora da súa competitividade para optimizar a definición de tarefas, responsabilidades e procesos internos, para o que contou cos servizos avanzados que ofrece a Consellería de Economía e Industria a través do programa Reacciona. Fundada en 1975, a compañía Alfico distribúe actualmente, en exclusiva para toda España, Portugal e Andorra, o material dun dos grupos de marcas deportivas con máis prestixio e importancia a nivel internacional, os da compañía americana New Balance, tanto nos seus canais de deporte (Running, Fútbol, Tenis, Fitness) como de moda (Lifestyle). No marco do programa Reacciona, Alfico conseguiu implicar a todo o seu capital humano para identificar as áreas de mellora, optimizar a súa organización interna e mellorar, de xeito efectivo, os seus procesos. Durante a súa visita a esta empresa, Aguilera destacou que o Programa ReAcciona, que está aberto á presentación de solicitudes polas empresas, facilita servizos orientados a achegar novas competencias e habilidades ao capital humano das empresas, na procura de melloras consolidables na xestión das compañías. Segundo indicou, as empresas que desexen incorporarse o antes posible a este programa poden solicitalo ata o próximo 12 de setembro. O programa ReAcciona busca reforzar a competitividade das empresas participantes, máis de 300 na primeira edición, mediante servizos avanzados de profesionalización do capital humano e de desenvolvemento estratéxico. Os servizos máis demandados deste programa están a ser o análise do potencial competitivo, visión e desenvolvemento estratéxico da empresa e o relanzamento comercial, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará