Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo Chapela continuará unha temporada máis na LGT-B

RR_Noticias

Na fase de ascenso disputada en A Pobra impúxose Castropol, por diante de Perillo e Chapela. Os asturianos gañan así a súa praza na división A para a próxima temporada, mentres que coruñeses e redondeláns volverán a remar na liga B.

As augas de A Pobra foron o escenario tamén da final da Liga Galega de Taíñas 2015, onde a embarcación de Amegrove se proclamou vencedora por cuarta vez. En canto á Bandeira Ría de Mera, disputada tamén onte, o C.R. Cesantes ocupou a terceira praza, por detrás de Mecos e Castropol. Na bandeira feminina as de Chapela foron terceiras, por detrás de Castropol e Perillo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará