A portavoz do PP Carmen Amoedo anunciou este investimento no debate dunha moción presentada pola Agrupación de Electores na que se abordaban diferentes medidas encamiñadas a mellorar a seguridade viaria na contorna desta estrada no barrio de A Portela en Cedeira. A moción, que foi aprobada por unanimidade propón que se inicien os trámites necesarios para prohibir a circulación de vehículos pesados no tramo situado entre a nave de Toucedo ata a entrada desta rúa dende a estación.
AER recollía esta petición atendendo ás demandas dos propios veciños do lugar que dende hai meses veñen denunciando a situación de inseguridade vial que padecen polo paso de camións por un camiño estreito e rodeado de vivendas. Na moción establécese ademais limitar a velocidade e 30 kilómetros hora. O BNG lembrou no pleno que os veciños xa puxeron estas demandas sobre a mesa hai máis dun ano no Consello parroquial de Cedeira pero que “o goberno local só actúa cando os veciños se mobilizan”. A popular Carmen Amoedo asegurou que hai un proxecto redactado do pasado mes de maio no que se recolle un investimento de 172.000 euros para renovar a estrada coa mellora do pavimentos, a rede de saneamento e de pluviais.