Os últimos datos do paro feitos públicos onte pola Consellería de Traballo constatan unha nova melloría na evolución do emprego, cun mes de agosto que deixa 67 parados menos que en xullo. Diminución que tamén se produce no resto dos concellos da bisbarra. En Soutomaior borráronse da lista do paro 19 persoas mentres que Fornelos e Pazos experimentan unha lixeira melloría con seis parados menos en cada un dos concellos
O ano 2015 está a consolidarse como un bo ano na evolución do paro. Agás o de xaneiro, o resto dos meses está a deixar datos positivos con veciños que se borran das listas de desempregrados. Foi o de agosto un mes especialmente positivo en Redondela onde malia seren 2306 as persoas paradas, son67 menos que no ano anterior. Diminución que tamén se produce no resto dos concellos da comarca. En Soutomaior son 707 as persoas que buscan emprego, 19 menos que no mes anterior, mentres que Fornelos de Montes e Pazos de Borbén consolidan tamén esta lixeira melloría con seis parados menos. No primeiro caso son 168 as persoas paradas mentres que en pazos hai 360 veciños desempregados.