Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 4 de Abril e o 2 de Xuño festivos locais no 2016

RR_Noticias

Un ano máis non houbo unanimidade na elección dos dous festivos locais para o vindeiro ano, xa que tanto AER como BNG e a edil do Grupo de traballo apoiaron unha proposta alternativa que defendía como festivo local o Martes de entroido na vez do luns do Cristo. Con todo o acordo entre PP e PSOE neste asunto fixo posible que saíra adiante a proposta do goberno municipal que mantén como festivos o luns do Cristo, que se celebra o 4 de abril e o Xoves da Coca, que no 2016 cae no 2 de xuño.

Non houbo discusión en canto á festividade do Xoves da Coca, non así no caso do Luns do Cristo que non contou co apoio nin da edil non adscrita Raquel Quintáns nin dos nacionalistas nin da Agrupación de Electores. Este últimos presentaron un ano máis un festivo alternativo: o Martes de entroido. Ao entender de AER o masivo seguimento desta celebración en Redondela nunha xornada onde se contan por centos o número de veciños que participan durante todo o día das tradicionais comidas do carnaval así como das diferentes actividades que se organizan por parte de Cultura, xustificaría trasladar a esa data o festivo local. Tampouco o BNG coincidiu cos populares pero nesta ocasión apoiaron a proposta de AER ao coincidir xa en festivo no vindeiro ano o 24 de xuño data na que se conmemora a noite de San Xoán. Unha proposta que contou tamén co apoio de Raquel Quintáns. Con todos, non foron apoios suficientes o que mantén os festivos locais no Luns do Cristo que no vindeiro ano se celebra o 4 de abril e no Xoves do Corpus, o 2 de xuño. Dende o PSOE defenderon esta proposta atendendo a que practicamente “o martes de entroido xa é medio festivo en Redondela e manter un luns non laboral favorece aos veciños que poden así gozar dunha ponte”. Pola súa banda dende o PP apelaron a tradición para manter estes festivos.  

Carmen Amoedo PP
Explica o motivo que os leva a non trasladar o festivo do Luns do Cristo
Eduardo Reguera PSOE
Un luns festivo permite manter unha ponte de tres días
José Bernardo Crespo AER
Entenden que sería máis axeitado que o festivo fora o martes de entroido
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas tamén optan por unha data alternativa ao luns do Cristo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará