Marcos Puhinger sorprende coa súa proposta hiperrealista na que recolle debuxos con bolígrafos bic que semellan fotografías reais. Técnica fotográfica a que si recorre Alberte Pereira, quen nos deixa unha escolma de imaxes en branco e negro na exposición “Unha mirada subxectiva do cotián”. Ambas as dúas mostras poden visitarse ata finais de setembro nas salas 1 e 2 do Multiusos da Xunqueira.
“Debuxos Hiperrealistas” é o título da exposición que se inaugurou o pasado día 1 e que estará ata o vindeiro día 30 de setembro no Multiusos da Xunqueira a cargo do redondelán Marcos Puhinger, un artista autodidacta que traballa con varias técnicas: Plumilla, charcoal, pastel, lápices polícromos, acuarela… Nesta exposición as obras son debuxos feitos con bolígrafo “Bic” que semellan fotografías reais. Tamén pódemos apreciar o seu arte en Vigo na rúa Roupeiro, onde se atopa un mural homenaxe á escritora Mª del Carmen Kruckenberg.
A outra mostra que estes días podemos ver no Multiusos leva por título “Unha mirada subxectiva do cotián”, una exposición de fotografía en branco e negro que o fotógrafo independente Alberte A. Pereira (A Garda, 1964) ten na Sala I da Xunqueira ata o vindeiro 30 de setembro.
Son fotografías que escenifican situacións cotiás que acontecen a cada instante nas rúas das nosas aldeas, vilas ou cidades, pequenas historias que dependendo de quen as mire van a ter a sua propia interpretación, de ahí o título da exposición.
A exposición consta dunhas 30 fotografías tomadas nestes dous últimos anos nos seus viaxes por Galiza, Portugal, República Checa, Alemania e Hungría.