Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e poesía na xornada de clausura do Artelixo

RR_Noticias

O artelixo celebra mañá venres 11 o día grande desta edición cos certames Poesía Lixo e Jam Session, dúas citas que se van desenvolver a partir das oito da tarde no recinto no que se celebraba a antiga feira do gando, na Avenida Mendiño. Dúas actividades abertas a todo o que queira participar, o único requisito é animarse a subir ao escenario para recitar un poema ou interpretar un tema musical. O colectivo Senghasoil, organizador do evento, instalará unha barra na que se servirá bebida e petiscos.

Unha tapa de water coa lenda “amateurismo temerario e inconsciente”, un Bob Espoja xigante, unha lápida, un lagarto que sobe polas paredes do Multiusos… e así ata preto de 40 obras artísticas elaboradas con material de refugallo que sorprenden ao viandantes que estes días percorren o centro urbano de Redondela. Os veciños volveron colaborar activamente nunha nova edición do Artelixo que busca chamar a atención sobre a cantidade inxente de lixo que producimos e amosar que se poden facer auténticas obras de arte cos desperdicios que adoitamos relegar ao caldeiro do lixo.
A mostra prolongarase ata o sábado día 12 pero a xornada oficial de clausura será mañá con dúas citas abertas a todo o que queira participar e que se van desenvolver no recinto da antiga feira do gando baixo o nome “poesia lixo” e “Jam sessión”.
O palco estará aberto á participación de quen se anime e queira interpretar un tema musical ou recitar un poema. Durante o  festival, que arrancará ás oito da tarde, irase mesturando recitais de poemas, dos artistas participantes e poetas espontáneos, coa música de grupos e solistas locais e foráneos, moitos dos cales levan semanas ensaiando e preparando un repertorio singular para a ocasión.
O colectivo Senghasoil, organizador do Artelixo que se retomaba hai catro anos, montará un posto con bebidas, camisolas e chapas e a primeira hora convidará aos asistentes a petiscos e empanadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará