Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que empresas privadas realicen a limpeza de camiños cun custe de 80.000 euros

RR_Noticias

O concelleiro nacionalista Xoán Carlos González explica que o goberno local habilitou unha partida de 80.000 euros para custear a contratación dunha ou varias empresas que se encargaron durante os meses de verán de realizar a limpeza de noiros, cunetas e beirarrúas e cuxos resultados “deixan moito que desexar”. Engade que esta actuación tradúcese en que “durante o inverno a evacuación das augas da choiva sexa, en moitos puntos, moi deficiente”.

Aseguran ademais dende o BNG que os camiños que foron limpados polos propios empregados municipais presentan moito mellor estado e acusan ao goberno de Javier Bas de falla de previsión, ao referirse ao persoal contratado vía convenio coa Deputación. “Poderían ter contratado a este persoal por máis horas que as vintecinco semanais, pagándolle soldos dignos a estes contratados para a limpeza de camiños, mais prefiren dedicar 80.000€, para realizar unha contratación innecesaria”. Recorda que o BNG, sempre estivo en contra de que traballadores do concello cobraran 600€ mensuais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará