Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os clubs de Chapela demandan mellores infraestruturas deportivas para a parroquia

RR_Noticias

A primeira reunión do Foro do deporte, convocado polo responsable desta concellería Julio Mougán co obxecto de coñecer de primeira man as demandas e suxestións dos clubs deportivos de Redondela, celebrábase no Meirande o pasado venres “nun ambiente construtivo e moi dialogante” en palabras do edil. Este venres reunirase co resto dos clubs nunha xuntanza que terá lugar ás 21:00 horas na Casa da Cultura.

Nesta segunda reunión do Foro do deporte está chamados a participar aqueles clubs que non acudiron a I xuntanza celebrada no Meirande o pasado venres na que participaron representantes do Balonmán Chapela, Sol Invictus, Arealonga FS, Centro Cultural Recreativo de Chapela, Meigarco, Chapela FC, Asociación Peña Deportiva Beretes e Asociación Deportiva de Rande.
Durante preto de dúas horas valorouse o estado actual do deporte redondelán e achegáronse diferentes propostas e peticións, sobre todo en canto á necesidade urxente de mellorar as infraestruturas deportivas de Chapela.
Outros asuntos con amplo debate foron os parámetros de puntuación das bases de subvencións de deportes e a realización e carácter dos eventos deportivos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará