Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSdeG propón que se creen dous parques caninos en Chapela e Redondela

RR_Noticias

Propoñen como posibles zonas para albergar estes parques o espazo comprendido entre o antigo mercado de gando e o paseo da Telleira e en Chapela preto do Multiusos ou da Alameda. Unhas propostas que consideran “deben ser consensuados ou modificadas polos consellos parroquiais de cada zona”.

Explican dende o PSOE que actualmente nas zonas máis céntricas do Concello non existe un espazo axeitado e acondicionado para o esparexemento das mascotas. Por esta mesma razón “a proposta do parque canino foi recollida durante a campaña no noso programa electoral xa que foi unha das achegas que nos fixeron chegar nas enquisas que repartimos polos domicilios ademais de ser un reclamo dun grupo de persoas de Redondela que adoita pasear en conxunto ás súas mascotas”.
Segundo o edil socialista Mauro Álvarez “a Rede de Parques Caninos contribúe ao fortalecemento do tecido social a través da convivencia veciñal, fomenta a cultura do respecto e amor polos animais así como a socialización entre caninos e humanos. Isto contribúe a ensinanza sobre a responsabilidade do coidado animal e a conciencia social sobre o non maltrato animal”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará