Neste cuatrimestre remataron os cursos e obtiveron diplomas un total de 181 alumnos adultos e 80 nenas e nenos. Nestes momentos estase a desenvolver a programación do último trimestre, na que aparecen cursos novos (Tratamento de textos con Writer, Creación e Xestión de Blogs, Crear e Xestionar o perfil do Facebook, Edición de video con Movie Maker, Follas de Cálculo con Calc,…), asi como novas edicións dos cursos que tiveron mais demanda no trimestre anterior.
O alcalde de Redondela entregou estes días os diplomas oo alumnado dos cursos de informática municipal organizados nas dúas aulas Cemit (Chapela e Redondela). O programa de formación neste ano 2015 conta con cursos gratuítos de todo tipo, facendo especial fincapé nos de busca de emprego, alfabetización informática e seminarios curtos de utilidades concretas na rede.
O programa de formación dividiuse neste ano 2015 en dous cuatrimestres, este programa ten financiamento da Xunta mediante o convenio que o Concello ten asinado para a dinamización das dúas Aulas Cemit.
Os diplomas entregados eran das formacións desenroladas nos meses de maio, xuño e xullo, nos que se levaron a cabo cursos de deseño de curriculums e cartas de presentación e curriiculum on-line coa rede social Linkedin, cursos de alfabetización informática e seminarios e cursos de utilidades na rede como o Pinterest, támites, xestións e compras por Internet así como o uso da Tenda virtual con Prestashop.
Ademais destes cursos, durante os meses de xullo e agosto, organizáronse obradoiros de informática dirixidos a nenas e nenos, dividindo en dúas quendas: entre 6 e 9 anos e entre 10 e 13 anos, con grupos en Chapela e Redondela.
Neste cuatrimestre remataron os cursos e obtiveron diplomas un total de 181 alumnos adultos e 80 nenas e nenos.