Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campito e Arealonga mantéñense na cabeza da táboa da Autonómica Sur

RR_Noticias

Os dous equipos de Chapela volveron gañar na segunda xornada da LGS, fixérono diante de Leis Marcón e Baíña, respectivamente. A cruz no fútbol sala local pono Redondela F.S., que suma a segunda derrota, neste caso diante do Tui futsal.

Liga Galega Sur
Arealonga 7-6 Baíña
O equipo de Chapela seque no máis alto da clasificación ao sumar dúas vitorias consecutivas nos dous primeiros partidos da liga. Impuxéronse ao Baíña nun partido moi disputado e con moitos goles e ocasións para os dous rivais. Na próxima xornada xoga na pista do Tui Futsal, que vén de golear ao Redondela F.S.
Leis Marcón 1-5 Campito
O Campito lidera a táboa da Autonómica Sur logo de golear ao Leis Marcón, cunha lección de fútbol sala na pista. Na próxima xornada reciben ao Lume Bamboo co obxectivo de seguir sumando.
Tui Futsal 4-1 Redondela F.S.
O Redondela F.S. suma a súa segunda derrota consecutiva nun partido no que sufriu as ausencias de Juan Jose Gaspar Conde,Borja Rua Sanchez e Iván Lago. O sábado van recibir no municipal de Redondela ao Quinta de Tui, ás 16:15, onde confían volver aos resultados positivos da pasada temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará