Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela dispón dun novo parque infantil no Multiusos e recupera a fonte “A Fontiña”

RR_Noticias

Os traballos realizados na propia fonte e no acondicionamento da súa contorna no barrio de Cidadelle ascenden a 40.000 euros e serviron para recuperar o lugar como zona de esparexemento para os veciños. Unha actuación na parroquia de Chapela, na que ven de ampliarse o parque infantil existente no Multiusos do Piñeiral coa colocación de novos elementos para os rapaces.

Os veciños de Chapela xa dispoñen dun novo parque infantil situado ao carón do multiusos de Chapela. O parque dispón de novos elementos cun equipo combinado con dous tobogáns a distintas alturas e rede de escalada, xogos de espirais e bambán de cesta para varios nenos.
A concelleira de Parques e Xardíns, Maria José Barciela Barros, salienta que con esta obra se facilita aos rapaces desta zona que poidan gozar do xogo sen necesidade de desprazarse á Alameda. O orzamento investido no parque rolda os 18.000 euros a cargo da Consellería de Presidencia e cofinaciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Por outra banda, esta parroquia ven de recuperar a coñecida como Fonte “A Fontiña” en Cidadelle (Chapela). Os traballos consistiron la limpeza eliminación de especies invasoras, nivelado do terreo, plantación de céspede e árbores e a recuperación da fonte xa existente engadindo a esa fonte un estanque de 7×3,2 m de pedra de país. Os traballos tamén incluíron a colocación de mesas con bancos de pedra e balaustrada de madeira xunto con paneis informativos. O concelleiro de Medio Ambiente salientou o enorme cambio que experimentou esta zona con esta obra xa que ” agora os veciños poderán gozar dunha cómoda area de recreo nun lugar moi agradable e cunhas fermosas vistas”.
O orzamento investido na obra ascendeu a 40.000 euros dos cales o concello aportou 28.800 euros o outro 11.200euros foi subvencionado a través de AGDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) organismo dependente da Consellería de Medio Rural.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará