Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Montse Fajardo presenta en Redondela “Un cesto de mazás”, libro homenaxe ás vítimas do 36

RR_Noticias

Este libro homenaxe ás vítimas silenciadas da nosa historia recente recolle dezaseis historias de represión contadas por persoas moi próximas ás protagonistas. Un dos relatos, ‘No bornal do zapador’, achéganos a historia dunha das vítimas: a do redondelán Antonio Pérez Acuña. Un acto literario e reivindicativo que terá lugar o venres 2 de outubro ás 20:30 na Casa da Cultura.

Xunto co autora participará tamén Susana Pérez, neta de Antonio Pérez, veciño de Redondela e un dos protagonistas do libro. Intervirá o concelleiro de Patrimonio Histórico de Pontevedra e membro de “A Regaduxa. Memoria Histórica de Vilaboa”, Luis Bará e Andrés Laxe, membro da Asociación Cultural Alén Nós
Un libro que “é unha homenaxe imprescindíbel ás vítimas silenciadas da nosa recente historia. No que se fala da vítimas evidentes pero tamén das outras. Das nais que pasean de noite en busca da Santa Compaña para ver unha vez máis ao fillo fusilado. Das nenas que miran pola ventá unha escola na que non teñen cabida as irmás dos roxos. Das viuvas que trasladan o cadaleito soas. Dos orfos que marcan co pau da luz as foxas sen nome”. ‘Un cesto de mazás’ fala de persoas detidas, fusiladas, asasinadas en cunetas, agochadas durante anos en tobos de cortes ou ocos de cociña, humilladas…
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará