Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER reclama que se fagan públicas as retribucións que perciben todos os membros da corporación

RR_Noticias

Salarios, subvencións percibidas polos grupos políticos, cartos que os representantes públicos perciban por asistir a outros organismos, dietas ou gastos de protocolo son datos que ao entender da Agrupación de Electores deben ser coñecidos pola cidadanía. Por este motivo reclaman que dende o goberno local se cumpra co compromiso de que estes datos sexan publicados na páxina web do Concello.

Dende AER consideran que a cidadanía debe ter un acceso sinxelo e rápido á información en todo o relativo ao gasto dos cartos públicos. Con gallo de facilitar precisamente que os veciños teñen fácil acceso ao que cobran por diversos conceptos os cargos e grupos políticos representados na corporación reclaman que se recolla na paxina web o salario de cada un dos membros da corporación, a contía da subvención recibida por cada grupo político, os cartos que reciban os membros da corporación por asistir a outros organismos, como GDR, Deputación, Portos de Galicia, etc…. e as dietas recibidas polos concelleiros con responsabilidade de goberno e concepto das mesmas. Tamén que se inclúan nesa información os gastos de protocolo do equipo de goberno e concepto dos mesmos, cunha frecuencia semestral.
Unha demanda que xa presentaron a pleno hai dous anos e que foi aprobada por unanimidade motivo polo que non entenden porque non se fixo efectiva neste tempo e demandan ao goberno local a que cumpra o aprobado en pleno de xeito inmediato.
Solicitan tamén que sexa pública a cantidade que percibe o alcalde por ser membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo: non basta con saber só canto cobra por sesión, senón que hai que publicar a cantas sesións asiste, e piden que a actual deputada autonómica do PSOE, Digna Rivas, facilite as cantidades que percibe da Deputación Provincial. Tamén solicitamos aos anteriores deputados provinciais por Redondela, Eduardo Reguera (PSOE) e Alberto Pazos (PP), que faciliten o que cobraron no seu paso polo organismo provincial, para dar cumprimento ao acordo da moción proposta por AER.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará