Varios concellos da provincia de Pontevedra, entre eles o de Redondela, tínguense de verde na xornada de hoxe co gallo da celebración do Día Nacional da Artrite, nunha acción promovida pola Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo) e a Coordinadora Nacional de Artritie. Unha iniciativa enmarcada dentro da campaña “Outubro, mes da artrite e a esondiloartrite” que engloba diferentes actividades para dar a coñecer a realidade e o día a día das persoas que padecen esta enfermidade crónica.
A fachada do concello de Redondela amenceu hoxe tinguida de verde por iniciativa das asociacións que engloban aos enfermos da artrite. Tamén durante a xornada de hoxe dende as ).00 e ata as 14:00 horas instalaranse mesas informativa en diferentes puntos da cidade de Vigo baixo o lema “O teu benestar, é posible!”, que axuda a visibilizar a realidade das persoas que padecen artrite.