Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

María Ríos: “A participación permitirá facer un Plan máis axustado ás necesidades de Redondela”

RR_Noticias

Elaborar un Plan Xeral de Ordenación Municipal é sempre unha labor complexa e máis aínda nun concello como o noso “por tratarse dun municipio que está a regularse cun planeamento xa moi antigo e onde houbo varios intentos por sacar adiante un PXOM que acabaron fracasando”.  Así o recoñecen dende o estudo de arquitectos Jornet Llop Pastor, empresa encargada da redacción do novo Plan Xeral. Entenden que para non repetir erros pasados é imprescindible contar coa participación veciñal. Hoxe martes convocan un novo obradoiro didáctico aberto á cidadanía a partir das 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

Nestas reunións preséntase aos asistentes o Documento Inicial Estratéxico, un documento xa realizado no que se recollen entre outras cuestións información ambiental e urbanística de Redondela “é un bosquexo inicial sobre o que traballar e en base ao cal a cidadanía pode achegar as súas propostas”. María Ríos, membro do equipo redactor insiste en que “é imprescindible a participación dende esta fase inicial”. Lembra que nestes obradoiros “non se tratan intereses concretos, abórdanse necesidades xerais a nivel equipamentos, zonas verdes, vías de comunicación…”.  

María Ríos membro do equipo redactor
Un plan que desperta moito interese
Xornadas didácticas
Serven para presentar a información inicial
Intereses xerais
Abórdanse as necesidades xerais do concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará