Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama no parlamento un instituto que cubra as necesidades educativas de Soutomaior

RR_Noticias

Os nacionalistas denuncian que o proxecto do futuro instituto da localidade, presentado no pasado mes de agosto pola Consellería de Educación, non cumpre coas necesidades do concello ao contemplar só 12 unidades nas que dificilmente terán cabida o alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Asegura o voceiro do Bloque en Soutomaior, Manu Lourenzo que este proxecto condena aos veciños a estudar nun “instituto de segunda categoría” motivo polo que veñen de presentar una moción no Parlamento na que reclaman que o futuro centro conte “cando menos con 20 unidades”.

Os deputados Francisco Jorquera e Montse prado, logo de reunirse cos concelleiros do BNG de Soutomaior, rexistraron unha moción no parlamento esixindo á Xunta “un instituto con cando menos 20 unidades de ESO, Bacharelato e FP”. Explica o edil Manu Lourenzo que o proxecto actual “non permitiría a todos os alumnos da localidade acceder a estas ensinanzas”. Neste sentido denuncia un agravio comparativo respecto doutros municipios “máis pequenos e con menor número de habitantes e que contan con institutos moitos maiores”. Acusan ao alcalde Agustín Reguera de “deixazón de funcións” ao non defender as necesidades do municipio e dos seu veciños “defendendo aos seus xefes da Xunta que pretendían colarnos un instituto que nin sequera ten salón de actos”. Conclúe Lourenzo afirmando que o Instituto é aínda un proxecto polo que está a tempo de ser modificado “xa que o PP non defende aos veciños dende o goberno, farémolo nós, de ningunha maneira imos permitir un instituto de segunda categoría para os nosos veciños”.  

Manu Lourenzo BNG
Explica cales son as carencias que presenta o proxecto
Deixazón de funcións
Acusa ao alcalde de non defender os intereses de Soutomaior
Mellorar o proxecto
Unha reclamación que van facer no Parlamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará