Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Orquestra de Saxos ofrece un novo concerto para presentar o seu disco “Camiña don Saxo”

RR_Noticias

Cuarto traballo discográfico desta orquestra única polas súas características que se subirán aos escenario novamente este venres para presentar no Multiusos o seu novo disco, un traballo “innovador para a formación xa que por primeira vez conta coa presenza de cantantes solistas, e innovador para o público ao incluír temas propios e arranxos de temas populares galegos como “Lela” a ritmo de swing, jazz ou funky acompañado tamén cun rap”. O concerto será o venres 16 ás 20:30 horas no Multiusos.

A presentación oficial tiña lugar 15 días atrás pero o éxito de asistencia foi tal que moito público quedou fora do auditorio. Un cartel de non hai entradas que parece volverá colgarse este venres cando os integrantes da Orquestra de Saxos baixo a dirección de Elisa Arias presenten novamente este traballo que racha co feito ata o de agora e integra a voz de diferentes colaboradores que se subirán tamén ao escenario o vindeiro venres. Un concerto cun repertorio variado no que se poderán escoitar tamén temas de Frank Sinatra, Chavela Vargas, Joaquin Sabina. Froito da ilusión que poñen en cada actuación e do traballo dos seus 40 integrantes -algúns de tan só 8 anos de idade- dentro de medio ano realizarán unha xira que os vai levar a Alemaña e Holanda.  

Elisa Arias directora Orquestra Saxos
Fálanos do repertorio do concerto do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará