O mozo, de 35 anos de idade e veciño de Cangas, foi detido á altura da rotonda de entrada da AP-9 en Rande na madrugada de onte logo dunha persecución de varios quilómetros a gran velocidade na que o detido realizou varios adiantamentos en zonas prohibidas. Impútaselle un delito contra a seguridade do tráfico.
Axentes da Policía Nacional detiveron na madrugada deste mércores a un varón de 35 anos de idade con domicilio en Cangas como responsable dun delito contra a seguridade do tráfico. Unha patrulla camuflada da Policía que estaba a realizar labores de prevención no casco urbano foron os encargados de realizar a detención logo de comprobar as manobras que este condutor realizaba cando saída do estacionamento dunha discoteca. Logo dunha persecución co intento de interceptalo non sería ata chegar a rotonda da AP-9 en Rande cando lograron poñerse á súa altura e pecharlle o paso. Ao pedirlle que se identificase comprobaron que presentaba evidentes síntomas de embriaguez, motivo polo que lle fixeron a proba da alcoholemia dando como resultado que triplicaba o máximo permitido. Procedeuse a súa detención e traslado a dependencias policiais comprobándose que o detido tiña dous antecedentes policiais anteriores polos mesmo feitos. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Redondela.