Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER acusa ao PP de “uso partidista” dos Consellos parroquiais

RR_Noticias

Asegura a Agrupación de Electores que os populares a través do goberno local empregan os consellos parroquiais “para obter rédito para as súas siglas”. Neste sentido explican que nas reunións celebradas ata o de agora no que vai de mandato “o Partido Popular a través do presidente do consello parroquial, dedícase a culpar á oposición como a responsable de que este ano non se poidan executar os orzamentos participativos, sen explicar a situación real”. Aseguran ademais que as obras asociadas a estes orzamentos participativos poderían igualmente realizarse en base ao orzamento xeral.

AER acusa ao PP de “empregar o consello parroquial para malmeter, de xeito claro e insultante, para que os veciños reaccionen contra a oposición”. Segundo explica este grupo “o pleno foi quen decidiu non aprobar a partida para orzamentos participativos ata que se realicen unha bases específicas” polo que é responsabilidade do goberno local non ter traballado esas bases “despois de insistir e insistir dende a oposición que hai que mellorar o modelo de orzamentos participativos e que era preciso e urxente realizar unhas bases amplas, claras e obxectivas”.
Lembran ademais que o goberno se comprometera a convocar urxentemente unha xuntanza con tódolos grupos políticos para avanzar e desatascar esta situación e que “en vez de traballar optou por quedarse quieto sen facer absolutamente nada e esperar a convocar os consellos parroquiais para cargar intencionadamente contra a oposición”.
Ao respecto das obras asociadas aos orzamentos participativos, o Partido Popular non informa que “se lle peta” ao goberno local, ao ser os participativos centrados en investimentos, este podería facer o gasto das actuacións demandadas pola veciñanza en base ao orzamento xeral do concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará